O realizador Jon Favreau unirá-se ao universo de Star Wars axiña, participando no desenvolvemento da nova série de acción real que a Disney emitirá a través da súa canle de streaming. O mesmo Favreau revelou nunha entrevista durante a estrea de Solo: A Star Wars Story que a série estará baseada mais ou menos uns sete anos despois da definitiva batalla de Endor que é narrada no Episódio VI: Return of the Jedi.
No serial aprenderemos que un ano despois da batalla fundou-se oficialmente a Nova República e que durante ese tempo aparecerá por primeira vez nunha rexión descoñecida a maléfica Primeira Orde. A Galáxia vivirá esencialmente nun período de paz.
Agárda-se que esta série, que porá o seu foco en novos persoaxes, utilice técnicas de animación xerada por computador do mesmo xeito que Favreau xa usou no seu filme Jungle Book, que dirixiu tamén para a Disney.