Jamie Foxx é o novo Spawn

929

Após de moitos rumores sobre o seu nome, por fin anunciou-se oficialmente que Jamie Foxx será o protagonista do filme que adaptará á pantalla os cómics de Spawn para a Blumhouse Pictures.

O creador da saga, Todd McFarlane, fará o seu debut coma director cunha versión dun cómic que el mesmo escribiu. Foxx interpretará a Al Simmons, un membro dun grupo de operacións encubertas da CIA que é traizoado dúas veces. Após de ser enganado polos seus compañeiros, é asasinado e o seu corpo é queimado, pero por riba é enganado unha vez mais cando chega ao inferno.

Convencido de se converter nun guerreiro Hellspawn (unha creatura híbrida do inferno) a cámbio de se poder reunir coa súa muller, atópa-se encerrado no corpo dunha creatura diabólica mentres cá súa muller pasou páxina e casou co seu millor amigo.

O resultado será un antiheroe totalmente cabreado que loita contra os peores elementos da cidade en batallas que abranguen a terra, o ceo e mais o inferno.

O orzamento para o filme será modesto dentro do que cabe, entre 10 e 12 millóns de dólares, o que lles permitirá facer unha versión mais sinistra para maiores de 18 anos e que poida levar á pantalla a versión de McFarlane na que o mesmo Spawn é só un persoaxe secundário, do xeito do tiburón en Jaws ou o monstro de The Thing. O mesmo McFarlane citou o filme Jacob’s Ladder coma unha grande influenza nesta versión.