A Netflix recolle a luva de Locke & Key

885

Dous meses despois de que a Hulu decedira non seguir adiante co proxecto, están xa en marcha as negociacións finais para que Locke & Key, o cómic lovecraftián orixinal de Joe Hill (que é un dos fillos de Stephen King), sexa recollido pola Netflix para facer unha versión para a pequena pantalla.

As conversas entre a Netflix e mais os produtores da série comezaron após do rexeitamento da Hulu, e as conversas son desta volta para obtér os dereitos para facer unha nova série, o que sinifica que non é o mesmo proxecto que xa contaba cun episódio piloto dirixido por Andy Muschietti.

Esta nova série será redesenvolvida, incluíndo o reparto, do que se caen dous dos tres nenos de Locke (só fica o actor Jackson Robert Scott). Muschietti non dirixirá o episódio piloto porque ten un compromiso prévio con IT: Chapter Two, pero ficará coma produtor executivo.

A série de cómic, que estivo nos andeis das librarías entre 2008 e 2013, ten coma protagonistas a tres irmáns que regresan á súa finca familiar en Massachusetts após do terríbel asasinato de seu pai. Unha vez alí, descobren unhas chaves máxicas que lles outorgan poderes e que abren portas misteriosas que cámbian aos que pasan a través delas. Lamentábelmente, eles non son os únicos interesados neses máxicos artefactos, porque hai unha forza sobrenatural que tamén está a busca-los e que quere obriga-los a abrir a mais terríbel de todas as portas.

Carlton Cuse, Barbara Muschietti, Ted Adams e David Ozer son os produtores executivos. Frances O’Connor, Nate Corddry, Samantha Mathis, Owen Teague e Danny Glover foron os protagonistas do piloto da Hulu.