Slender Man quere mais publicidade

211

Os dereitos de distribución para o vindeiro filme de terror Slender Man foron postos a poxa novamente despois de que os produtores protestaran iradamente á Sony Pictures polas datas de lanzamento previstas.

Basicamente a Sony ve en Slender Man unha longametraxe de baixo orzamento ao xeito da Blumhouse. Os produtores, pola súa banda, teñen moita mais confianza no filme e queren unha estrea ao grande e con moita publicidade, cousa á que a Sony non está disposta.

Así que os produtores puxeron en marcha unha cláusula do contrato que lles permite preguntar no mercado se hai algunha outra oferta a diversos estudos e a xigantes do streaming. Pero seica tanto estudos coma distribuidores por internet son bastante escépticos sobre o potencial comercial do filme.

Todo isto chega despois de que a Sony lanzara tanto un tráiler coma pósters promocionais. O director da división Screen Gems da Sony quere lanzar o filme, pero os estudos están desacougados polas críticas nas redes.

Joey King, Jaz Sinclair e Julia Goldani Telles son os protagonistas desta película, que segue tendo coma data de estrea prevista o 24 de agosto.