O Álien Residente

A Syfy ven de encargar a rodaxe dun episódio piloto para a série Resident Alien, baseada nos cómics homónimos da editorial Dark Horse creados por Peter Horgan e Steve Parkhouse.

A saga narra en tón sinistro pero cómico as aventuras dun alieníxena que se estrelou no deserto e que toma a identidade dun médico de aldea en Colorado, onde pouco a pouco comeza a loitar contra o dilema moral da súa misión secreta na Terra.

A Universal Cable Productions, a Dark Horse Entertainment e mais a Amblin TV producirán o filme, que Chris Sheridan (Family Guy) adaptará para a television. Sheridan será o produtor executivo xunto ao dúo de The Americans formado por Justin Falvey e Darryl Frank.