Os Eternos, a seguinte aposta da Marvel

Matthew e Ryan Firpo foron contratados para adaptar ao cinema o cómic orixinal de Jack Kirby The Eternals para a Marvel Studios.

A nova da contratación chega despois de que houbera rumores do desenvolvemento dun filme de The Eternals nos estudos, na que sería unha das primeiras propiedades orixinais que se poñen en marcha despois da cuarta entrega da saga dos Vingadores no Universo Cinemático da Marvel.

Nos cómics, aparecidos a partir de 1976 e que tiveron unha série que rematou en 2009, uns seres cósmicos coñecidos coma os Celestiáis fixeron experimentos xenéticos cos seres humáns primitivos, creando aos Eternos, uns seres superpoderosos e case inmortais destiñados a protexer á Terra, pero ao mesmo tempo crearon asemade unha raza de monstros (os Deviants). As dúas razas apartáron-se dos grandes momentos da História humana mentres se enfrontaban en escenários cósmicos.