Analog, o futuro da Internet

O director de John Wick, Chad Stahelski, e mais o creador da série de televisión Colony, Ryan Condal, reunirán-se para facer conxuntamente unha adaptación ao cinema de Analog, un título emblemático da ciéncia-ficción da editorial Image Comics, para a Lionsgate e a 87eleven.

A história está ambientada nun futuro próximo onde a seguridade da Internet é totalmente inútil após dun acontecemento coñecido coma o “Grande Doxxing”, e despois do cal a xente ten que confiar nos “Ledger Men” (os contábeis), uns axentes que levan consigo segredos de carácter sensíbel nun maletín que portan esposado ao brazo mentres levan unha pistola na outra man.

Condal escribirá o guión, mentres ca Stahelski dirixirá o proxecto, que será producido por David Leitch. Stahelski está nestes intres filmando a terceira entrega de John Wick pero ten ademáis outro proxecto con Condal, o relanzamento da saga de Highlander.