Os dereitos de The Ice Dragon, unha novela fantástica para nenos orixinal do creador de Game of Thrones George R.R. Martin, foron mercados pola Warner Animation Group para faceren unha adaptación á pantalla grande.
A história céntra-se en Adara, unha rapaza que ten unha conexión especial cun mítico e temido dragón de xeo. Cando outra clas de dragón sobrevoe para destruír o mundo, a rapaza e mais o dragón deberán atopar un xeito de deter aos invasores.
Martin producirá o proxecto e pode que escriba o guión, se ben este último punto aínda non está aclarado. Vince Gerardis será o produtor executivo.