A HBO aproba unha precuela para Xogo de Tronos

811

Mentres aínda están a rodar a derradeira tempada de Game of Thrones, a canle HBO anunciou que lle deron a luz verde a ún dos cinco episódios piloto que estaban a considerar para facer unha série spin-off da orixinal.

A série agrazada co piloto conta cun guión do escritor e co-produtor executivo George R.R. Martin e mais de Jane Goldman, quen aparecerán conxuntamente coma creadores e guionistas.

O proxecto será unha precuela, ambientada miles de anos antes dos acontecementos de Game of Thrones e narra o descenso do mundo dende a Era dos heroes até o seu momento mais escuro. A série explorará os espantosos segredos da história de Westeros, a verdadeira orixe dos Camiñantes Brancos, os mistérios do Este e as lendas dos Stark.

Goldman será ademáis a showrunner e produtora executiva xunto a Martin, ademais de Vince Gerardis e mais do co-creador e produtor executivo Daniel Zelman. Polo de agora o proxecto non ten aínda título, pero Martin suxeriu que debería ser The Long Night.