A Netflix ven de encargar a produción de dous novas séries de xénero fantástico: Away, sobre os intentos da humanidade de chegar a Marte, e Kaos, que será unha comédia sinistra baseada na antiga mitoloxía grega.
Away está inspirada nun artigo de Chris Jones aparecido na revista Esquire que fala de Emma Green, unha astronauta americana que debe abandoar ao seu home e mais á súa filla adolescente para comandar unha tripulación internacional que se embarca nunha perigosa misión dun ano de duración.
A série conta con guións de Jason Katims (Friday Night Lights) e Andrew Hinderaker (Penny Dreadful, The Path) e coa produción executiva de Matt Reeves (o director da nova saga do Planeta dos Símios).
Pola súa banda, Kaos é un proxecto orixinal do creador de The End of The F***ing World, Charlie Covell, e dela cónta-se que será unha nova versión contemporánea, cómica e sinistra da mitoloxía grega, e que explorará temas de xénero, política, poder e da vida no alén.
Polo de agora ningunha das dúas séries conta con protagonistas. Ámbolos dous proxectos contarán iso si, cunha primeira tempada de dez episódios cadansúa.