O regreso das arañas

213

A Amblin Entertainment e mais a Atomic Monster de James Wan producirán conxuntamente un remake da comédia de terror de 1999 Arachnophobia.

O filme orixinal foi dirixido por Frank Marshall, quen fixo o seu debut coma realizador daquela, e contaba con Jeff Daniels e John Goodman coma protagonistas no papel de senllos exploradores que atopaban na xungla de Venezuela unha nova espécie de arañas velenosas, que por suposto chegan dalgún xeito a unha pacífica vila dos Estados Unidos e comezan a aterrorizar á povoación.

Naquel filme os bichos eran realmente arañas da espécie Avondale, orixinárias de Nova Celándia, que mália a súa fasquía pouco agrazada, son inofensivas para os seres humanos, mentres que os dous exemplares xigantes eran animatróns.

O remake atópa-se polo de agora nos seus primeiros chanzos e non conta nin con director nin cun elenco confirmados. Wan non será o director, e Marshall regresará, pero só coma produtor executivo.