Sam Raimi, de vacacións nas Bermudas

788

Xa pasaron cinco anos dende que Sam Raimi dirixira o seu último filme (Oz the Great and Powerful, 2013) e segundo os rumores, atopába-se atrás dun misterioso proxecto para a Skydance Productions centrado no supostamente paranormal triángulo das Bermudas.

A novidade é que seica o devandito filme podería contar con Ryan Reynolds coma protagonista. O que se sabe do guión, de John Gatniss (Power Rangers), é que vai sobre unha illa misteriosa e mais un submarino nuclear. Reynolds interpretaría a un físico teórico que usa a investigación de seu avó para abrir un burato de verme na illa, habitada por toda clase de “monstros” típicos: tiburóns, viquingos e nazis.

O filme entrará en produción en setembro e ten prevista a estrea para 2019.