A DC despide a Geoff Johns

1147

Seis meses despois do fracaso de Justice League nos despachos de billetes de todo o mundo, a Warner Bros. Pictures anunciou que o presidente da DC Entertainment e xefe creativo Geoff Johns vai abandoar o cargo e a compañía.

Porén Johns non deixará a DC totalmente: o realizador pensa fundar unha nova empresa produtora, a Mad Ghost Productions, que ten previsto financiar unha série de cómics, televisión e filmes que o mesmo Johns escribirá. Dende esa nova empresa, continuará colaborando coa DC.

O seu primeiro grande proxecto será coma guionista e produtor do vindeiro filme Green Lantern Corps. Johns xa contou con cretos en Aquaman e podería ademais axudar a escribir a secuela de Wonder Woman.

Este anúncio en todo caso súma-se ás novas de que Diane Nelson, presidenta da DC Entertainment e da WB Consumer Products, non regresará ao seu posto despois dunhas vacacións que se tomou aló polo mes de marzo.