Ewan McGregor na secuela d’O Relustro

823

Ewan McGregor fará o papel do Danny Torrance adulto na adaptación ao cinema da novela Doctor Sleep de Stephen King para a Warner Bros. Pictures.

Neste filme, que é a secuela da clásica The Shining (O Relustro, en galego), Torrance debe soportar o trauma que lle ocasionou o Hotel Overlook cando era neno, cando o seu pai se volveu tolo e tentou asasina-lo a el e mais á súa nai. O Torrance actual ten problemas cos gomos de carraxe que lle fan asemellar-se a seu pai, mentres tenta afogar as penas en alcohol para se esquecer dos seus poderes de relustro.

Eses poderes regresan ao abandoar a bebida, e daquela decide utiliza-los para axudar aos moribundos nun hospital. Alí establece unha conexión psíquica cunha rapaza coa que comparte as súas habilidades e que está a ser perseguida por un grupo que quere absorber os seus poderes por médio de mortes dolorosas.

Seica o mesmo King outorgou a súa beizón á fichaxe de McGregor para o papel. Mike Flanagan, que levou moitos elóxios pola súa adaptación da novela de King Gerald’s Game, será o encargado de sentar na cadeira de director. A película conta ademáis coa produción de Trevor Macy e Jon Berg.