O realizador Robert Zemeckis (Back to the Future) está en negociacións finais para dirixir unha adaptación ao cinema de clásica novela de Roald Dahl The Witches para a Warner Bros. Pictures e a ImageMovers.
Baseada na obra de 1973, esta película narra as aventuras dun rapaz de sete anos que ten un problema con bruxas auténticas. O libro xa fora adaptado anteriormente en 1990 con Anjelica Huston no papel da bruxa principal, pero esta nova versión de Zemeckis seica será mais fiel ao libro orixinal.
Zemeckis será ademais o guionista. Os nomes senlleiros de Alfonso Cuarón, Guillermo del Toro e Jack Rapke aparecerán coma produtores. Del Toro fora o anterior candidato a dirixir o proxecto, pero tivo que deixa-lo coma sempre por mor de problemas coa axenda de traballo.