O Invencíbel aterra na Amazon

79

A adaptación á pequena pantalla do cómic Invicible, orixinal de Robert Kirkman (o mesmo creador de The Walking Dead) ven de recibir unha orde de produción directa por parte da Amazon Studios.

Seth Rogen e Evan Goldberg ían dirixir unha versión para o cinema, pero agora esta ideia deberá ficar aparcada e o proxecto convérte-se nunha série de debuxos animados para adultos dunha hora de duración.

A história céntra-se en Mark Grayson, un adolescente aparentemente normal, de non ser porque seu pai é o superheroe mais poderoso do planeta. E xusto despois de cumprir 17 anos, Mark comeza a desenvolver poderes de seu.

O cómic lanzou-se en 2003 e pechou a súa publicación o pasado mes de febreiro após de 144 números.