Parón da Lucasfilm a moitos proxectos

Á luz da moi decepcionante recadación que ven de colleitar Solo: A Star Wars Story, seica a Lucasfilm ven de deter os seus plans para continuar facendo mais spin-offs autoconclusivos do tipo “A Star Wars Story”.

Hai pouco soubéra-se que Stephen Daldry estaba a desenvolver un filme baseado en Obi-Wan Kenobi e que James Mangold estaba a traballar nunha película de Boba Fett, un persoaxe totalmente secundário na saga da Guerra das Galáxias pero moi popular nos Estados Unidos. Os estudos queren poñer agora todos os seus esforzos na vindeira Star Wars: Episode IX, que chegará en nadal de 2019.

Os proxectos que non sofrirán ningún parón serán a xa anunciada triloxía de Rian Johnson e mais os filmes dos creadores de Game of Thrones David Benioff e D.B. Weiss, que se agarda que estean ambientados en períodos de tempo e situacións totalmente novas dentro do universo de Star Wars.

Solo: A Star Wars Story leva recadados até agora 342 millóns de dólares en todo o mundo, mentres que todas as súas predecesoras levaban xa a estas alturas (dúas semanas após da estrea) xa mais de mil millóns.