McG xa ten reparto para Rim of the World

1006

Jack Gore, Miya Cech, Benjamin Flores Jr., King Bach, Alessio Scalzotto, Lynn Collins, Annabeth Gish e mais Michael Beach comporán o elenco de actores que darán vida aos protagonistas de Rim of the World, o novo filme que McG dirixirá para a Netflix.

Zack Stentz escribiu o guión que vai sobre catro adolescentes inadaptados que se converten en inesperados amigos cando a súa estadía nun acampamento de verán é interrompida por unha invasión alieníxena e eles deben salvar ao mundo.

McG, Mary Viola, Susan Solomon e Matt Smith producen este filme, que xa se atopa en rodaxe e que conta ademáis coa participación de Tony Cavalero, Rudy Mancuso, Carl McDowell, Chris Wylde, David Theune, Punam Patel e Jason Rogel.