A Sony presenta os seus plans para Silk

A Sony Pictures ven de anunciar os seus plans para desenvolver Silk, outra película do universo de Spiderman baseada nun persoaxe dos seus cómics.

O persoaxe apareceu por primeira vez no número 1 de The Amazing Spider-Man Vol. 3 e é unha estudante coreana chamada Cindy Moon que foi trabada pola mesma araña radioactiva que trabou a Peter Parker nunha exhibición pública sobre o manexo seguro de materiais nucleares.

A araña morreu pouco despois, pero Moon gañou os mesmos poderes que Parker e chegou a ser coñecida só trece anos despois de que el se convertera en Spiderman.

Amy Pascal producirá esta película, que ven a se unir a outras longametraxes “adxacentes” da Sony, entre as que se atopan Venom e mais o filme de debuxos animados Into the Spider-Verse, ambos dispostos para a estrea este ano. Outros proxectos tamén en preparación son Silver and Black, Morbius the Living Vampire e Nightwatch, todos eles en desenvolvemento polo de agora.