A AMC anunciou que ven de renovar a súa série aclamada pola crítica The Terror para unha segunda tempada. O programa foi o segundo con mais espectadores da canle de entre os seus novos lanzamentos neste ano.
A primeira tempada fora unha adaptación directa da novela homónima de Dan Simmons, pero a segunda tempada será totalmente orixinal e virará a acción dende a expedición Franklin ao Ártico en 1840 até o sul de Califórnia durante a Segunda Guerra Mundial.
Ridley Scott, Alexander Woo (True Blood) e Max Borenstein (Kong: Skull Island) serán os produtores executivos. De entre eles, Woo traballará coma showrunner. A nova tempada centrará-se ao redor dun misterioso espectro que ameaza a unha comunidade xaponesa-americana, comezando en Califórnia e estendéndo-se ao longo do teatro de operacións do Pacífico durante a guerra.
A segunda tempada consistirá noutros dez episódios e agárda-se que sexa distribuída en 2019, coma a primeira, pola AMC nos Estados Unidos e pola Amazon Prime Video no resto do mundo.