Ratatouille acada tres nominacións

1303

RatatouilleRatatouille e Enmeigada (Enchanted) foron os filmes de xénero fantástico que máis nominacións acadaron, con tres cadanseu, entre os contendentes dos para os prémios da Académia na súa 80ª edición, que foron anunciados o pasado día 22 de xaneiro en Beverly Hills, Califórnia.

O filme da Disney/Pixar Ratatouille acadou nominacións á millor película de debuxos animados, á millor banda sonora e á millor edición de sóns. Tolos polo Surf (Surf’s Up) tamén recebiu unha nominación á millor película de animación.

O filme da Disney Enchanted obtivo nominacións por tres das súas canzóns orixinais: Happy Working Song, So Close e That’s How You Know.

Pola súa banda, o filme de Michael Bay Transformers levou dúas nominacións: á edición de són e aos efectos especiais.

Piratas do Caribe 3 tamén levou dúas nominacións, á maquillaxe e aos efectos especiais, así coma O compás dourado, á millor dirección artística e aos efectos especiais.

Os Oscars están previstos para se entregar en Hollywood o vindeiro 24 de febreiro.