Xogo de nenos ou boneco diabólico

222

A MGM está a desenolver un remake do emblemático filme de 1988 Child’s Play. O filme orixinal ía sobre unha nai viúva que lle regalaba un boneco ao seu fillo polo seu aninversário, pero sen saber que o boneco estaba posuído pola alma do infame asasino en série Charles Lee Ray (Brad Dourif) quen lanzara un feitizo xusto antes de ser abatido pola policía na tenda de xoguetes onde a nai rematou por atopar o boneco.

A nova versión será un relanzamento mais contemporáneo e incluirá un grupo de rapaces e mais un boneco tecnoloxicamente avanzado. Lars Klevberg (Polaroid) será o director e contará cun guión de Tyler Burton Smith (Kung Fury). David Katzenberg e Seth Grahame-Smith serán os produtores.

A previsión é comezar a rodaxe en setembro en Vancouver, todo elo xusto despois de que o creador da franquía, Don Mancini, asegurara que xa hai unha série de televisión en preparación.