Novo guionista para Indiana Jones 5

249

O coguionista de Solo: A Star Wars Story Jonathan Kasdan será segundo informan várias fontes o novo encargado de escribir o libreto para a nova quinta entrega da saga de Indiana Jones, tomando a responsabilidade das mans do habitual guionista de Spielberg, David Koepp.

O cámbio sinifica que todo fica en família, porque o pai de Kasdan, Lawrence Kasdan, xa escribira o guión de Raiders of the Lost Ark e mesmo lle fixo un pulido final (non acreditado) á cuarta película, Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull.

En todo caso e coma resultado desta contratación, o comezo da produción do filme terá que se adiar indefinidamente até que haxa un guión no que todo o mundo se poida poñer dacordo. O proxecto tiña previsto comezar a se rodar en 2019 e unha estrea para xullo de 2020, pero agora haberá que seguir agardando.