Após de se facer co Oso de Ouro no Festival de Berlín e mais recentemente o Globo de Ouro por In the Fade, o realizador alemán Fatih Akin quere virar os ollos cara ao mercado americano coa nova adaptación ao cinema da clásica novela de Stephen King Firestarter, que producirán a Universal Pictures e mais a Blumhouse Productions.
Baseada na novela do mestre to terror, a história vai sobre unha rapaza que desenvolve poderes telepáticos cos que pode causar lumes e combustión a distáncia e que é secuestrada por unha misteriosa axéncia do governo que quere utiliza-la coma arma.
Akin dirixirá o proxecto a partir dun guión de Scott Teems, mentres ca Jason Blum e Akiva Goldsman serán os produtores. Martha de Laurentiis, unha produtora asociada na anterior versión deste filme de 1984 que fora protagonizado por Drew Barrymore, será nesta ocasión a produtora executiva.