O Sacaúntos xa ten guionistas

219

A 20th Century Fox ven de pechar un acordo cos guionistas de A Quiet Place, Scott Beck e Bryan Woods, para que se encarguen de escribir unha longametraxe que adapte ao cinema o emblemático conto de Stephen King The Boogeyman.

Publicado por primeira vez en 1973 e logo incluído na escolma de 1978 Night Shift canda Children of the Corn e The Lawnmower Man, este conto vai sobre un home baixo terápia que está a discutir de como perdeu a todos os seus fillos, un por un, por mor dunha criatura que se agocha no armário.

Considerada como unha das histórias mais aterradoras de King, foi adaptada ao formato de curtametraxe nada menos ca en sete ocasións, pero polo de agora ningún estudo fixera unha longametraxe. Shawn Levy, Dan Levine e Dan Cohen serán os produtores deste primeiro intento.