Jared Leto é agora Morbius

260

Após de se converter sen demasiado éxito no Joker, Jared Leto quere seguir intentándo-o no mundo dos cómics e agora será Morbius, o vampiro antiheroe da Marvel, na vindeira película que levará ao cinema ao persoaxe pola Sony Pictures.

Ademais, o realizador sueco Daniel Espinosa (Life) dirixirá o proxecto no que Avi Arad e Matt Tolmach participarán coma produtores xunto a Lucas Foster. Os guionistas de Power Rangers e Dracula Untold Burk Sharpless e Matt Sazama, que recentemente apareceron coma showrunners da série da Netflix Lost in Space, escribiron o guión desta película.

Creado por Roy Thomas e Gil Kane, Morbius é nos cómics o doutor Michael Morbius, un científico que sofriu unha rara enferidade do sangue e que tentou curar-se a si mesmo pero que no seu lugar, resultou contaxiado por unha forma de vampirismo. Co tempo Morbius chegou a ser unha figura heróica de seu.

O persoaxe apareceu por primeira vez no número 101 de Amazing Spider-Man, o primeiro número que non foi escrito polo co-creador Stan Lee. En todo caso, esta será a terceira película con persoaxes de Spiderman que a Sony proxecta este ano, despois de Venom e mais a adiada Silver & Black.