Dentro da súa participación na Anime Expo en en Los Angeles a semana pasada, a Netflix aproveitou para facer moitos anúncios sobre os seus plans para expandir o seu contido en anime, comezando coa segunda tempada de Castlevania, a adaptación á tele do videoxogo que chegará ás pantallas o vindeiro 26 de outubro.
A segunda grande nova é o lanzamento dunha nova série de Ultraman para 2019. A série de acción vai sobre un home que posúe o espírito e mais o poder do lendário heroe do mesmo nome, mentres leva posto un traxe metálico e loita contra o mal. Kenji Kamiyama e Shinji Aramaki son os directores.
Ademais a Netflix ten prevista a chegada dunha nova série, Kengan Ashura, protagonizada por Kazuo Yamashita, un home normal de 56 anos que un día é convocado polo presidente da súa empresa e contratado coma gladiador para que protexa os dereitos corporativos dos negócios aos que representan.
Finalmente, anunciou-se que renovaron Aggretsuko para unha segunda tempada que comezará en 2019, e que o vindeiro mércores 18 estrearán Godzilla: City on the Edge of Battle, secuela de Godzilla: Planet of the Monsters. A série Dragon Pilot, pola súa banda, comezará o 21 de setembro.