Jeremy Renner, confirmado para Spawn

205

Após dunha semana con rumores ao seu redor, confirmou-se que Jeremy Renner vai-se unir ao reparto da nova adaptación dos cómics de Spawn á pantalla grande pola Blumhouse Productions.

Jamie Foxx será o protagonista no papel de Al Simmons, un axente de operacións especiais traizoado e asasinado que fai un pacto co demo para poder volver á Terra e ver á súa muller. Pero xa pasaran cinco anos e a súa muller esqueceu-no e casou con outro, así que agora Simmons percorre o mundo coma un enxendro desfigurado e con superpoderes do inferno, atrapado no médio dunha guerra entre o ceo e o inferno.

Renner pola súa banda interpretará a Twitch, un poli bó rodeado de oficiais corruptos que rematará traballando xunto a Spawn. Todd McFarlane, o creador orixinal do persoaxe nos cómics, escribiu o guión deste filme e será o seu director. A produción comezará en outono.