Lando Calrissian regresa a Star Wars

96

Seica finalmente o veterán actor Billy Dee Williams repetirá o seu papel do contrabandista Lando Calrissian no vindeiro filme de J.J. Abrams Star Wars: Episode IX.

Agora que os tres persoaxes protagonistas orixinais da segunda triloxía desapareceron da continuidade de Star Wars, Lando podería ser o persoaxe mais sinificativo que regresa ás pantallas, así que a súa aparición sería o derradeiro vencello cos filmes orixinais, que xa quedan moi lonxe nas lembranzas dos fans.

Por outra banda, a Calrissian á penas puidemo-lo ver ou saber moito mais del no material canónico suplementário da Guerra das Galáxias que se publicou dende The Force Awakens, así que Abrams terá campo libre para desenvolver ao seu persoaxe.

Williams, quen xa conta con 81 anos, apareceu recentemente na estrea do filme Solo e publicou nas redes fotos xunto ao actor e músico Donald Glover, quen interpretou á súa versión mais nova naquel filme. Ademais, Williams tamén repetiu o papel emprestándo-lle a súa voz en debuxos animados e videoxogos.

A rodaxe de Star Wars: Episode IX está por comezar, e a estrea está prevista para o 20 de decembro de 2019.