Jason Momoa (Aquaman, Game of Thrones) ven de se facer co papel protagonista dunha nova série creada pola empresa Apple e titulada See, que producirán a Chernin Entertainment e a Endeavor Content.
Escrita por Steven Knight e dirixida por Francis Lawrence (The Hunger Games: Catching Fire), esta série de oito episódios está ambientada nun futuro cando a raza humana perdeu o senso da vista e a sociedade tivo que atopar novos xeitos de interactuar, de construír, cazar e sobrevivir.
Todo elo será desafiado cando naza unha parella de xemelgos que poden ver. Momoa interpretará a Baba Voss, un guerreiro, líder e gardián. Knight, Lawrence, Peter Chernin, Jenno Topping e Kristen Campo son os produtores executivos.