Neill Blomkamp dirixe ao novo Robocop

677

O director responsábel de District 9 e Chappie, Neill Blomkamp, será o encargado de RoboCop Returns, a nova entrega da emblemática série de acción e ciéncia-ficción que comezou en 1987 coa famoso filme de Paul Verhoeven.

Justin Rhodes, o co-guionista da nova película de Terminator que dirixe Tim Miller, re-escribirá un antigo libreto de Ed Neumeier e Michael Miner, que fixeron o orixinal e escribiron este coma secuela directa do filme de Verhoeven.

A longametraxe de 1987 ía sobre un poli a quen, despois de sofrir terríbeis feridas e estar por morrer, utilizaban para un experimento para crear un novo tipo de patrulleiro, médio home, médio máquina. O poli debe loitar contra os recordos da súa vida pasada, supostamente borrada, e contra os oficiais corruptos do corpo, todo elo entre a violéncia extrema e os comentários satíricos que eran habituais nos filmes dos anos 80, e mais nos de Verhoeven.

Ao filme orixinal, que foi un grande éxito, seguíron-lle dúas secuelas, unha mini-série e mais un remake de 2014, todos os cales pasaron sen pena nin glória.