O Profeta de Rob Liefeld

317

A produtora Studio 8 fíxo-se cos dereitos para levar ao cinema o cómic de 1992 Prophet, orixinal de Rob Liefeld (o creador de Deadpool), sobre un supersoldado da Segunda Guerra Mundial alcumado “o anti Capitán América”.

Nos cómics, John Prophet esperta nos nosos días despois de ser posto en conxelación crioxénica para unha misión futura. Lamentábelmente, non estaba previsto que espertara até dentro de moitos anos mais, así que agora sénte-se coma un peixe fóra do auga.

O título relanzou-se en 2012 co persoaxe loitando nun futuro afastado. Liefeld, Adrian Askarieh e Brooklyn Weaver producirán a película, que tentará cinguir-se á versión orixinal o máis posíbel.