Tal e coma xa anunciamos hai uns días, Joaquin Phoenix pechou o seu acordo para interpretar ao Joker nunha nova película autoconclusiva inspirada nos cómics da DC e que comezará a se rodar en New York en setembro para a Warner Bros. Pictures.
Todd Phillips (The Hangover) será o director a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Scott Silver e co orzamento segundo din ao redor dos 55 millóns de dólares. A história estará ambientada en 1980 e descríbe-se coma “unha exploración dun home desprezado pola sociedade que non só é un persoaxe sinistro senón tamén un conto admonitório“.
O tón será moito mais semellante ao dun drama crú e non ao dunha superprodución con superheroes, tentando destacar que esta non é unha história que forme parte da liña temporal do universo oficial da DC Comics, senón tan só un filme que utiliza a algúns dos seus persoaxes.
Polo de agora non hai prevista ningunha data de estrea, pero o máis probábel é que sexa a finais de 2019 se todo vai ben.