Cate Shortland dirixirá á Viúva Negra

209

A realizadora australiana Cate Shortland ven de asinar o contrato polo que se compromete a dirixir o filme Black Widow, protagonizado por Scarlett Johansson, para a Marvel Studios, sobre o popular persoaxe dos Vingadores.

A Marvel mantivera durante un ano e médio xuntanzas con até setenta posíbeis candidatos para dirixir, así que tempo tiveron para atopar ao millor candidato. A mesma Johansson é unha fan da australiana, que conta entre os seus cretos o filme de 2004 Somersault, con Sam Worthington, e mais o de 2012 Lore. O seu traballo mais recente é Berlin Syndrome, do ano pasado.

Jac Schaeffer escribiu a versión mais recente do guión, que seica está ambientado antes dos acontecementos narrados na primeira entrega dos Vingadores. O proxecto será o segundo da Marvel Studios que conte cunha muller coma directora, despois de Captain Marvel, que se estrea en marzo do ano que ven.