Batwoman, mais séries de DC na tele

1024

Inda que a canle The CW xa conta nada menos que con cinco séries que adaptan diversos cómics da DC, todo semella indicar que o súperprodutor Greg Berlanti está xa a preparar unha sexta: Batwoman.

Caroline Dries (Smallville, The Vampire Diaries) está a escribir o episódio piloto para unha nova série sobre Batwoman, e aproveitará o comezo da tempada deste outono para facer aparecer ao persoaxe en catro das cinco séries por médio dun crossover que se emitirá en decembro.

Batwoman foi creada en 1956 polo guionista Edmond Hamilton e mais o debuxante Sheldon Moldoff coma moza de Batman e coma parte do esforzo da DC Comics por afastar ao home morcego dos rumores de homosexualidade, que comezaran grazas ao libro Seduction of the Innocent, publicado en 1954 polo polémico psiquiatra Fredric Wertham. En 1964, cando Julius Schwartz converteu-se no editor da DC, eliminou a este persoaxe xunto con algúns outros coma Bat-Girl, Bat-Mite e mais ao can Bat-Hound. Mais tarde, en 1985, coa série Crisis on Infinite Earths, estableceu-se retroactivamente que Batwoman nunca existira.

E así foi até 2006, cando Batwoman foi reintroducida no universo da DC, pero esta vez coma unha muller lesbiana e xudea, co obxectivo de diversificar as publicacións e achega-las a toda caste de opinións e estilos de vida. Batwoman, ou Kate Kane, será asemade o primeiro persoaxe homosexual que protagonice unha série de superheroes na tele.

O casting comezará axiña para dar a coñecer o nome da actriz que dará vida a Batwoman, e se o piloto é aprobado, a série podería estar en antena a primeiros de 2019.