Nace unha Stargirl no Universo da DC

208

DC Universe, a futura plataforma de streaming da DC, ven de anunciar un novo título que se sumará aos que estarán dispoñíbeis cando comecen as súas emisións. Nesta ocasión tráta-se dunha nova série de acción real titulada Stargirl, e que é a sétima que acollerá o servizo.

A série terá coma protagonista a Courtney Whitmore, unha superheroína coñecida coma Stargirl (aínda que é chamada decote simplemente Star) no Universo da DC Comics. O persoaxe foi creado por Geoff Johns, quen seica baseou a súa persoalidade e mais o nome na súa irmá, unha das vítimas do vó 800 da TWA de 1996. Courtney Whitmore é nesta encarnación unha estudante de segundo curso e estará acompañada por outros membros da JSA, a Sociedade da Xustiza de América.

Geoff Johns e Greg Berlanti serán os produtores executivos e Berlanti escribirá os guións. A Warner Bros. Television e mais a Berlanti Productions producirán o proxecto, que ten previsto comezar a se emitir ao longo de 2019.

Stargirl úne-se en todo caso a outros proxectos con acción real da DC que se emitirán na nova plataforma de streaming: Titans, Doom Patrol, Swamp Thing e Metropolis, xunto aos debuxos animados de Harley Quinn e Young Justice: Outsiders. A série será xa a décimosexta que Berlanti ten en antena: oito na canle The CW, dúas na CBS, un na Netflix, un na NBC, un na Lifetime e agora dous na DC Universe.