Nun anúncio que ven de coller a todos por sorpresa, a Lucasfilm revelou que van producir unha nova tempada da súa série de debuxos animados Star Wars: The Clone Wars, na que serán doce novos episódios que debutarán no vindeiro servizo de streaming da Disney.
O showrunner de Star Wars Rebels Dave Filoni foi o encargado de facer onte o anúncio no decurso da Comic-Con de San Diego nunha rolda de prensa coa que se estaba a conmemorar o décimo aniversário da devandita série.
O programa comezou a se emitir en 2008 e presentaba aos persoaxes de Anakin Skywalker, Obi-Wan Kenobi e Padme Amidala, xa coñecidos polos fans, pero tamén a outros novos coma Ahsoka Tano e mais ao Capitán Rex.
Após de cinco tempadas a série rematou deixando a história sen rematar, xusto no momento no que Ahsoka deixaba a Orde dos Jedi. Filoni dixo que os novos episódios permitirán-lle poñer as pezas finais da história no seu sítio.