O produtor executivo de The Walking Dead e lendário artista de maquillaxe Greg Nicotero vai converter a longametraxe antolóxica de 1982 Creepshow nunha nova série de televisión para o servizo de streaming Shudder, especializado no xénero de terror.
George A. Romero e Stephen King reuníran-se aquel ano para faceren unha película composta por cinco fragmentos de comédia sinistra, que foran protagonizados por Hal Holbrook, Adrienne Barbeau, Fritz Weaver, Leslie Nielsen e Ted Danson. Das cinco partes, dúas estaban baseadas en contos orixinais de King. Á película orixinal seguíron-lle dúas secuelas, que xa só levaban o nome de Romero. King pola súa banda tentou-no cun filme antolóxico semellante, Tales from the Darkside.
Nicotero será o director, produtor executivo e supervisor dos elementos creativos da nova série, que será unha escolma de histórias orixinais, cada unha cun director distinto. E todo elo dispoñíbel na plataforma Shudder a partir de 2019.