Todos regresan a Zombieland

199

Emma Stone, Woody Harrelson, Jesse Eisenberg, Abigail Breslin e mais o director Ruben Fleischer volverán ver-se as caras na secuela da comédia de zombis de 2009 Zombieland para a Sony Pictures.

Os guionistas orixinais Paul Wernick e Rhett Reese (Deadpool) e mais o produtor Gavin Polone tamén volverán. Seica o guión está xa listo e a rodaxe podería comezar no mes de xaneiro para poder estrear en outubro de 2019, xusto dez anos despois de que o primeiro filme chegase aos cinemas.

Xa había vários anos que se estaba a falar de Zombieland 2, pero os problemas de axendas e outros asuntos estaban a evitar até agora que o filme se fixera realidade. A primeira entrega, que foi un grande éxito de crítica e público, ía sobre catro persoas en princípio estraños entre eles que se atopan nun mundo post-apocalíptico dominado polos zombis. O filme fora rodado cun orzamento de 24 millóns de dólares, que no despacho de billetes se converteron en mais de 100, pero o verdadeiro éxito chegou despois grazas ao aluguer de vídeo.

O novo filme terá de novo ao cuarteto orixinal, esta vez reunidos na Casa Branca, e loitando contra novos tipos de zombis mais evolucionados.