A Segunda Guerra dos Mundos

686

A Fox Networks Group anunciou os seus plans para crear unha nova minisérie de televisión que adapte unha vez mais a clásica obra da invasión de extraterrestres de H.G. Wells The War of the Worlds.

O creador de Misfits Howard Overman é o guionista e produtor desta nova versión, que durará oito episódios e narrará a invasión da Terra polos marciáns. A acción estará ambientada nos Estados Unidos da actualidade.

Mammoth Screen, Urban Myth Films e Canal+ asociarán-se para realizar o proxecto, que xa se atopa en pre-produción e ten prevista a rodaxe para outono. A série emitirá-se en Canal+ en Franza e na Fox noutros 50 países.

O proxecto non garda relación coa outra adaptación da mesma novela que está a producir a BBC e que está protagonizada por Rafe Spall, Eleanor Tomlinson, Robert Carlyle e Rupert Graves. A versión da BBC está ambientada, coma a obra orixinal, na Inglaterra eduardián e ten previsto emitir-se a finais deste mesmo ano.