Despois dun ano de traballos, Tomás Conde e Virginia Curiá remataron a curtametraxe de animación en plastilina O Soldadiño de Chumbo. Este filme estreará-se no Museo do Xoguete en Allariz (Rúa O Portelo, 4) o venres 12 de decembro ás 20:30.
Neste acto contará-se coa presenza do produtor, Pancho Casal, dos directores Conde e Curiá, do compositor Emilio Aragón, dos dobradores principais Luis Piedrahita e Manuel Manquiña e co deseñador de personaxes Alfonso Costa.
O Concello de Allariz e mais a produtora Continental Producciones asinaran en abril un convénio de colaboración para a realización da curta no Museo do Xoguete alaricano. A bromiña custou-lles 36.000 euros aos petos dos cidadáns da vila ourensá, cuxo alcalde, o nacionalista Francisco García, dixo que “participamos nun proxecto que levará o nome de Allariz e do Museo do Xoguete polos distintos festivais de cinema“.
Segundo o mesmo Concello, o convénio inclúe a venda de merchandising dos produtos do Soldadiño de Chumbo, cos que agardan poder recuperar axiña os cartos perdidos.