Capa e Puñal, renovados

172

Cloak & DaggerA Freeform ven de confirmar que Marvel’s Cloak & Dagger foi renovada para unha segunda tempada. A série estreou-se o pasado 7 de xuño con críticas bastante boas. Olivia Holt (Tandy Bowen) e Aubrey Joseph (Tyrone Johnson) interpretan a Capa e Puñal, os dous heroes con superpoderes interconectados. Andrea Roth, Gloria Reuben e Miles Mussenden son os outros protagonistas.