Batman: Hush en debuxos animados

252

A saga de doce números de Batman publicados en 2002 Batman: Hush será adaptada a unha película de debuxos animados que a Warner Bros. Home Entertainment estreará o ano que ven. Os estudos anunciaron a súa axenda de lanzamentos para 2019 na recentemente rematada Comic-Con de San Diego.

No cómic orixinal, Hush é un poderoso superfalcatruán envolto en vendas que logra achegar-se a Bruce Wayne moito mais ca ningún outro dos seus inimigos xamais puidera. Presionado mais aló do seu punto fatídico, Batman deberá descubrir a verdade que se agocha após da identidade de Hush e do seu maléfico complot.

A liña de filmes de debuxos animados da DC (DCAU) para o ano 2019 completará-se con Reign of the Supermen, Justice League Vs. the Fatal Five e Wonder Woman: Bloodlines. Polo de agora non se coñecen mais detalles sobre as histórias das outras longametraxes, pero si que Fatal Five incluirá aos superviláns Tharok, Emerald Empress, Validus, Mano e mais ao Persuader.