O Buick de Stephen King xa ten director

773

A estas alturas habería que buscar con lupa algún conto ou novela de Stephen King que aínda non fora trasladado ás pantallas, pero o director de The Devil Inside e The Boy, William Brent Bell, seica atopou ún e vai-se encargar de escribir o guión e de dirixir unha adaptación ao cinema da novela supervendas de 2002 From A Buick 8 para a Hyde Park Entertainment.

A história orixinal vai sobre a vila rural de Statler, Pennsylvania, onde a policía do Estado leva gardando os últimos vinte anos agocho atrás duns barracóns un misterioso automóbil marca Buick Roadmaster de 1954.

A vila é acosada por acontecementos estraños e sobrenaturáis, causados polo Buick, que non é un coche normal senón unha porta de entrada a outra dimensión.

A novela xa fora obxecto dun primeiro intento de leva-la ao cinema en 2005 da man de George A. Romero (despois substituído por Tobe Hooper) pero o proxecto non saíu adiante. Nesta ocasión, Ashok Amritraj será o produtor.