O Señor dos Anéis terá guionistas trekkies

95

Os guionistas John D. Payne e Patrick McKay serán os primeiros que se poñan a traballar na nova série baseada no clásico Lord of the Rings, que ten xa contratadas cinco tempadas e un orzamento que sobrepasa os 1.000 millóns de dólares.

A xefa dos estudos Amazon, Jennifer Sake, confirmou os nomes da parella de guionistas. O proxecto será producido pola Amazon e cooperación cos herdeiros de Tolkien, a editorial HarperCollins e mais a New Line Cinema.

Payne e McKay traballaron en Star Trek: Beyond e están tamén a escribir o libreto para a cuarta entrega desta saga de filmes que dirixirá J.J. Abrams. Os dous estiveron asemade vencellados á equipa detrás de Godzilla vs. Kong e á vindeira película da Disney Jungle Cruise. Segundo Sake, o acordo pechou-se cunha “equipa que ven do mundo de Star Trek. Foi un proceso moi ben pensado. É un mundo enorme, hai moitos xeitos distintos de continuar coa franquía“.

Sake quixo asemade agradecer a Sharon Tal Yguado por lle presentar á parella: “Tiñamos unha abundáncia de entusiasmo no escenário dos creadores e guionistas e pasamos unha chea de tempo falando de distintas posibilidades. A seguinte fase será un grande proceso de desenvolvemento mentres van construíndo este mundo“.

Os acontecementos nesta série terán lugar antes dos que se narran en The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring. Polo de agora non se sabe se Peter Jackson estará dalgún xeito vencellado a esta nova série sobre a Terra Média.