Os Razzies: o millor do pior

868

Os RazziesUn ano máis o Razzies, os “anti-Oscar”, están de volta, e cunha clara deducción: o millor consello para os actores que queiran ser nominados é facer várias películas ao ano. Así asegúran-se que todas elas serán malas, e que as súas actuacións non pasarán desapercibidas para os críticos.

Así, Lindsay Lohan e Eddie Murphy acadaron múltiples nominacións o luns para os Razzies, que “prémian” ao pior que Hollywood produciu no decurso do ano anterior.

Pero este ano, por fin, os galardóns pasaron lonxe do cinema fantástico, e foi o thriller de Lohan I Know Who Killed Me, no que interpreta a dous persoaxes, o que recebiu nada menos ca nove nominacións, liderando as candidaturas deste ano, e incluindo a pior película de 2007. Pola súa banda, Eddy Murphy con Norbit regresou un ano máis á palestra dos piores con oito nominacións.

Os Razzies, folga de guionistas mediante, serán dados a coñecer no decurso dunha gala o vindeiro 23 de febreiro, un día antes dos Oscars.