Slater escribirá o guión dos Tommyknockers

258

O showrunner da série de televisión The Exorcist, Jeremy Slater, ven de chegar a bordo coma guionista do novo proxecto que adaptará ao cinema a novela de terror de Stephen King de 1987 The Tommyknockers para a Universal Pictures.

A história está centrada nunha vila no médio do bosque en Maine onde unha nave espacial enterrada hai moito tempo sae á luz e comeza a emitir un gas invisíbel que transforma aos habitantes da vila en un grupo de xénios da tecnoloxía, pero co problema de perder a súa identidade individual e pasar a formar parte dunha mente común.

Mentres os habitantes van perdendo a saúde mental e física, o protagonista semella ser inmune precisamente por ser un bébedo e por ter unha placa de metal no cránio, froito dun accidente de esquí cando era un rapaz.

O mesmo King recoñeceu que a novela está inspirada no clásico de H.P. Lovecraft The Colour Out of Space. E aínda que a crítica non a pon á mesma altura có resto das súas outras obras, The Tommyknockers é a segunda novela mais vendida en tapa dura do rei do terror de todos os tempos.

Os produtores serán James Wan, Michael Clear e mais Roy Lee.