O videoxogo Vampyr será adaptado á tele

A produtora Fox 21 Television Studios ven de se facer cos dereitos sobre o videoxogo de rol Vampyr, orixinal da Dontnod Entertainment e publicado este mesmo ano 2018, para desenvolver unha série de televisión que producirán a Wonderland Sound & Vision e mais a DJ2 Entertainment.

O xogo está ambientado en Londres en 1918 e vai sobre un médico moralmente honrado que se converte misteriosamente nun vampiro e que debe decidir-se entre o seu compromiso de salvar vidas e a súa insaciábel necesidade de beber sangue.

Mentres se vai espallando un virus letal que só el pode curar, o médico ten que decidir na súa pequena comunidade quen pode ficar vivo o tempo abondo para salvar a todos dunha morte segura.

O director texano McG está vencellado a este proxecto, que conta coa produción executiva de Mary Viola, Corey Marsh, Dmitri Johnson e Stephan Bugaj. O videoxogo lanzou-se no pasado mes de xuño e vendeu xa mais de 450.000 cópias, chegando ao número 1 en Estados Unidos e Europa.