Brendan Fraser é o cerebro de Robotman

O veterán Brendan Fraser foi o actor escollido finalmente para o papel de Cliff Steele (ou Robotman) na vindeira série con acción real Doom Patrol que a Warner Bros Televisión emitirá proximamente dentro do seu Universo DC.

A história vai sobre un grupo de marxinados formado por Robotman (Fraser), Negative Man, Elasti-Woman (April Bowlby) e Crazy Jane (Diane Guerrero) que son contratados por Cyborg (Joivan Wade) para unha misión que os levará aos mais estraños e inesperados recunchos do universo DC.

Cliff Steele é un ex piloto de carreiras desfigurado por un horríbel accidente que deixou o seu corpo inhabitábel, polo que o seu cerebro foi transferido polo misterioso doutor Niles Caulder a un novo e poderoso corpo robótico.

Fraser fornecerá a voz de Robotman e aparecerá en escenas en flashback coma Cliff Steele. Riley Shanahan será quen leve a máscara e se vista realmente de Robotman, aínda que non veremos a súa face sen maquillaxe nas pantallas.

O guionista Jeremy Carver (Supernatural) está a escribir a adaptación dos cómics e será ademais o showrunner. Geoff Johns, Sarah Schechter e Greg Berlanti serán os produtores executivos.