Dez episódios de Fundación

669

Após de se facer cos dereitos o pasado mes de abril, a poderosa multinacional Apple ven de encargar a produción de dez episódios dunha nova série de televisión que adaptará a clásica novela de ciéncia-ficción de Isaac Asimov Foundation.

Publicada orixinalmente coma unha série de histórias curtas na revista Astounding Science-Fiction en 1942, Foundation é unha complexa saga que narra como os humáns se espallaron polo espazo e viven en colónias en planetas baixo o control do Império Galáctico.

A acción principal vai sobre un psico-historiador que ten o poder de lér o futuro e prever o vindeiro colapso do império, polo que decide salvar o coñecemento da humanidade antes de que esta desapareza.

No pasado houbo vários intentos de adaptar a saga ao cinema e a HBO tentou facer unha versión para a tele, para a que contaba cos directores Roland Emmerich e Jonathan Nolan. Esta versión actual incorporará a David S. Goyer (Man of Steel, Da Vinci’s Demons) e Josh Friedman (War of the Worlds) coma produtores executivos.

Esta é a segunda série que o monopólio tecnolóxico Apple pon en marcha e encarga coma série de televisión, despois de ter moitos problemas de produción con Are You Sleeping, protagonizada por Lizzy Caplan e Aaron Paul.